Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2019

Conclusións da investigación da candea

Imaxe
Pois xa demos por rematada a investigación da candea!  Realizamos sete probas de cada un dos modelos. Estas son as observacións que concluímos: - A primeira proba deu un resultado de duración semellante en ambos habitáculos: 25,98 segundos no deseño A e 25,91 segundos no deseño B. - A medida que iamos facendo as seguintes probas, foron dándonos resultados diferentes: a duración da candea acesa no deseño B era maior que a duración no deseño A. Por que podería ocorrer isto? a) Pensamos que como o deseño A é máis estreito que o deseño B xérase máis rápido a condensación (hai humidade exterior e a candea xera calor no interior). b) No deseño A, notamos máis calor ao tocar o habitáculo: é máis longo e as paredes están máis próximas unhas das outras. c) No deseño B as paredes están máis separadas entre elas e tamén da propia candea. Como bos científicos e científicas, tamén pensamos nos posibles erros da nosa investigación: 1. O selado dos habitáculos: p

Máis experimentos!

Imaxe
Hoxe estivemos de novo no laboratorio, realizando máis experimentos. Centrámonos esta vez na flotación de diferentes materiais. Tivemos na aula unha futura mestra, Nerea, que vai pasar esta semana con nós para obsevar distintos xeitos de traballo dentro das aulas. Resolvemos cuestións sorprendentes sobre as propiedades dos materiais: - Por que pensades que uns obxectos flotan e outros non? - Depende o tamaño dun obxecto na flotación? - E a súa forma?

Científica 6

Imaxe
Pois si!  Jane Goodall , primatóloga, antropóloga, activista medioambiental...  Imaxe extraída de https://news.nationalgeographic.com/2017/10/chimpanzees-jane-goodall-gombe-tanzania/

Mulleres coa ciencia 6

Imaxe

Día de Rosalía

Imaxe
Dende o noso proxecto, queremos abrir as portas á poesía. Alguén dixo que dende unha visión científica non existiría a poesía? A poesía está en todas partes, depende de ti, do teu xeito de mirar o mundo. Acollemos o lema das bibliotecas escolares:  Poéticas diversas . Onte celebrouse o nacemento de Rosalía de Castro. Que mellor xeito que comezar a nosa andaina poética facéndolle unha pequena homenaxe. O noso tataraneto de Darwin, contounos algo verdadeiramente fermoso... Buscando información sobre os paxaros pinzóns, atopou un poema especial. Afirmou que soamente con pronunciar o nome da poeta enchería todo o silencio de poesía! Este é o poema que nos inspirou: O tataraneto de Darwin tamén nos fixo unha recomendación: “ Non vos esquezades nunca de Rosalía. Correde a ler os seus libros, escoitade os seus poemas. Enchede un pouquiño este día coas súas verbas! ” E así o fixemos! Buscamos paxariños piadores de Galicia, que cantasen para a nosa poeta! Escribimos unh

Preparándonos para o Entroido

Imaxe
Adiviñades de que nos imos disfrazar este ano?  Estivemos preparando un mural moi especial...cheíño de animais! E aquí temos o resultado:

Visita dunha protectora

Imaxe
Hoxe tivemos a sorte de coñecer de cerca o traballo realizado por unha protectora de animais. Moitas grazas ás voluntarias de  Gatocan  por toda a información achegada, pero sobre todo, por esa paixón, sacrificio e constancia no seu coidado cara os animais máis desfavorecidos. Sabiades que cada ano aumenta o número de animais abandonados? Coñecedes a diferenza entre unha canceira e unha protectora? Debemos ser responsables das nosas mascotas: - É importante adoptar: a lealtade non entende de razas. - Pensa nos beneficios da esterilización. - Identifica sempre aos animais con microchips. - Denuncia condutas de maltrato. Sabías que adoptando un animal estás axudando a dous? ADOPTA!

Científica 5

Imaxe
Efectivamente! De feito,  Hipatia  está considerada a primeira muller científica da historia. Imaxe extraída de https://es.m.wikipedia.org/wiki/Hipatia

Mulleres coa ciencia 5

Imaxe

Científica 4

Imaxe
Margarita Salas !  Imaxe extraída de https://mujeresconciencia.com/2018/02/20/margarita-salas-pasion-la-biologia-molecular/

Mulleres coa ciencia 4

Imaxe
Imos mellorar un pouquiño a imaxe onde escribimos as pistas do reto (algún de vós expoñía que non se podían ler ben as letras... co bonitiño que saía o noso Charles Darwin!). E tamén imos presentar datos menos “explícitos”, posto que estades sendo uns investigadores e investigadoras moi intelixentes! Alá vai...

Charla sobre especies invasoras

Imaxe
Para completar a nosa formación sobre a temática das especies invasoras, tivemos a sorte de contar con membros do equipo das  Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo . Grazas pola información! Aprendemos moitas cousas novas! Sabiades que as mimosas son unha especie invasora? Que afecta ao crecemento dos ameneiros e dos freixos. Que o toxo está catalogado como especie invasora en América? Que a uña de gato provén de Sudáfrica? E acaba coa herba de namorar. Tampouco deixa espazo para facer o niño a algúns paxaros (pillara das dunas). Que as avespas asiáticas chegaron a Europa a través dun barco?

Especies invasoras: a avespa asiática

Imaxe
Hoxe Martín trouxo á aula un boletín informativo sobre unha especie invasora que está afectando moito á nosa zona xeográfica: é unha depredadora das abellas, come as froitas das nosas árbores e está acabando coa meirande parte das colmeas do arredor. É a avespa asiática  ou vespa velutina. Estade ben atentos e atentas á este insecto colonizador! A información que se expón, está extraída dunha monografía dos museos científicos do Concello da Coruña.

Científica 3

Imaxe
Outro reto máis... Foi un pouquiño máis difícil atopala?  Gertrude Belle Elion ! Imaxe extraída de http://fsemf8fall2011.umwblogs.org/page/5/

11 de febreiro: día internacional da muller e da nena na ciencia

Imaxe
Lembrade que na biblioteca tendes novidades de libros sobre ciencia! E por suposto: mulleres científicas! 

Mulleres coa ciencia 3

Imaxe

Científica 2

Imaxe
Reto conseguido! Foi ben doado, non?  Marie Curie ! Imaxe extraída de https://www.redaccionmedica.com/virico/noticias/la-medicina-mundial-celebra-los-150-anos-del-nacimiento-de-marie-curie-9871

Mulleres coa ciencia 2

Imaxe

Científica 1

Imaxe
Efectivamente! Rita Levi-Montalcini . Imaxe extraída do blog http://anafyq.blogspot.com/2015/11/rita-levi-montalcini.html Parabéns aos que adiviñaron!  Iremos elaborando na aula unha táboa de puntuacións, que publicaremos co último reto.

Mulleres coa ciencia!

Imaxe
Algunhas persoas entenderon mal a idea da teoría da evolución de Charles Darwin. Pensaban que o home era “superior” á muller polas súas condicións físicas. Darwin nunca afirmou tal cousa! El explicou que todos os homes e mulleres eran iguais, sen importar a súa cor de pel, nin o seu xénero. Por un principio fundamental: todos eran membros dunha mesma especie! Estas semanas imos traballar a importancia da igualdade entre homes e mulleres, a través do papel da muller na ciencia.  Co gallo de que o 11 de febreiro se celebra o día internacional da muller e da nena na ciencia , o noso Charles Darwin, vainos propoñer un reto: Estes días irá presentando pistas de diferentes mulleres científicas. Tendes que responder en canto saibades a resposta, xa que os primeiros e primeiras en adiviñalo, irán sumando puntos. Estes puntos terán recompensa! XEITO DE PUNTUAR: - 1 punto por enviar unha resposta (sexa válida ou non, o esforzo debe puntuarse, non?) - 2 puntos se a solució

Terceira etapa da investigación da candea

Imaxe
Seguimos traballando na nosa investigación.  Unha vez feito o deseño dos “espazos”, tocou o proceso de elaboración. Para iso, contamos coa axuda inesgotable das familias! A tía de Carla encarnouse de recortarnos o modelo e este é o resultado: Non vos enganedes, ambas figuras posúen o mesmo volume: 512 cm3 Grazas Sandra, pola túa colaboración!

Especies invasoras

Imaxe
Non todas as especies animais axudan a un correcto equilibrio do medio natural. Estivemos investigando sobre algunhas especies animais e algunhas plantas que poden resultar nocivas en determinados hábitats. Xeralmente son introducidas polo ser humano en lugares que non deberían reproducirse, posto que acaban coa fauna e flora dese ecosistema. É o caso do cangrexo vermello de río, a troita arco da vella, os plumachos ou mesmo o eucalipto, co que tan familiarizados estamos.