Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

Descubrindo mitos

Estas semanas estivemos investigando sobre a mitoloxía grega. No seguinte enlace, tendes algún dos mitos máis coñecidos da cultura clásica. Atréveste a descubrilos?

Día das bibliotecas escolares

Imaxe
Hoxe, 24 de outubro, celebramos o día das  bibliotecas escolares . A nosa biblioteca festexa este día lembrando a importancia da lectura como fonte de enriquecemento e pracer. Sabemos que é un ano distinto, polo que debemos ser responsables co uso que facemos deste espazo.  Maxín, a nosa mascota, achega as novidades lectoras a todo o alumnado, trasladando a biblioteca á aula. Este luns chegarán unhas caixiñas cargadas de libros. Estade atentos e atentas, porque a nosa selección de lecturas ten moito que ver co proxecto que desenvolvemos. Para que non esquezades algunha das normas básicas, o alumnado de sexto elaborou este vídeo: VIAXEMOS COA LECTURA!

Comezamos!

Imaxe
Estamos de volta! Somos coñecedores e coñecedoras de que este ano é un ano diferente... pero queremos seguir traballando como ata agora: co noso xeito particular de descubrir novos mundos. A onde viaxaremos este ano? Tendes aquí o comezo das nosas pescudas... fixádevos nos seguintes debuxos a ver se adiviñades cal será a temática do noso proxecto!