Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

Quedamos na casa

A través da plataforma de traballo, o alumnado estivo elaborando nas súas casas un pequeno vídeo baseado na canción de David Rees . É un traballo da área de lingua castelá, no que a interpretación xoga un papel importante. Ten como obxectivo animar a toda a comunidade! Seguro que estas frases vos lembran diferentes personaxes e vos enchen de ánimo. ACCESO AO VÍDEO

Día do Libro

Imaxe
Nós xa sabiamos que a lectura é unha compañeira moi fiel. Pero estes días na casa aprendemos que a través dun libro podemos seguir viaxando, mesmo estando rodeados de parede. Hoxe celébrase o día do libro , e para todos aqueles e aquelas que aínda dubidan do marabilloso que é mergullarse nunhas páxinas, traemos estas recomendacións: AS NOSAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA O alumnado de 5ºC enviou as súas recomendacións dende a casa, a calidade de audio ou imaxe non é todo o boa que desexaríamos. Pero está compensado coa ilusión da lectura! RECURSOS PARA O FOMENTO DA LECTURA Para esta tempada, moitas asociacións e autores recoñecidos, poñen a disposición dos seus lectores diferentes materiais de lectura. Aquí tendes algúns enlaces a libros gratuítos e outras aplicacións: Libro sobre o coronavirus: " Coronavirus no es un príncipe ni una princesa ". Rede de bibliotecas públicas de Galicia: " Galicia le ". Libro de Pablo Nogueira: " Nu

Organización de actividades

Nos vindeiros días, imos reorganizar o xeito de traballo para este terceiro trimestre: mediante novas ferramentas que permitan ao alumnado, de xeito sinxelo, descargar e xestionar actividades. Esta semana, seguiremos con actividades de repaso e reforzo dos contidos traballados.  A próxima semana comezaremos tamén a introducir (de acceso voluntario) materia nova. Seguiremos a programación dos libros de texto, co índice de temas establecido. Porén, trataremos os contidos máis fundamentais dos mesmos.  Para iso, é preciso que facilitedes os vosos correos electrónicos, posto que será o medio de entrega e revisión de actividades. Mediante este mesmo blog, introducindo "comentarios" podedes enviar o voso correo electrónico. Se iso supón dificultades, lembramos que dispoñedes dos nosos correos persoais para facelo. O titor de 5ºB xestionará os enderezos da súa aula e a titora de 5ºC os correspondentes á súa.  Alumnado de 5ºC : para xestionar os comentarios do blog e as

Ilustración do poema

Imaxe
Actividade realizada conxuntamente polo alumnado de 5ºC e 5ºB para a materia de lingua galega. Ilustración dun poema de Federico García Lorca .