Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

María Silencio

Ricardo Carvalho Calero escribiu un fermoso poema adicado a unha muller: María Silencio. Son uns versos incluídos no seu poemario Pretérito Imperfeito  (1980). Pouco sabemos desa muller que senta no peirao, ollando as barcas; cos seus cabelos de choiva e ollos de néboa. Podemos pensar que agarda a alguén... Pero preferimos cambiar esa visión e crer en todas aquelas mulleres decididas que se aventuran na procura de soños.    

Mulleres que contan

Seguimos recomendando lectura! Esta vez, son as nosas nais, tías, curmás... as que nos van falar dos libros que lían cando tiñan a nosa idade. No día do libro, a través das verbas de Manuel Gago , expuxemos que toda lectura deixa unha semente en nós. Para elas, mulleres da nosa vida, estes libros deixaron unha pegada importante como lembranza dunha época. Ler nunca pasa de moda! E estas historias seguro que vos atrapan ao mesmo que a elas. Animámosvos a que escollades algunha destas recomendacións e nos contedes as vosas impresións. Mundego agradece a colaboración infinita das familias. Grazas pola implicación e por viaxar connosco!

Un pouquiño de arte

Imaxe
A pasada semana adicámola a mergullarnos nalgúns dos cadros máis famosos da historia. Estivemos buscando información sobre eles e tamén quixemos reproducilos! Amosamos aquí algunha das nosas obras, teñen debaixo un número: convidámosvos a que escribades nos comentarios do blog o título da obra e o seu autor. Recoñecédelas? 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguindo co noso proxecto, queremos deixarvos aquí un pequeno xogo sobre un cadro que representa unha muller. Canto sabedes sobre a Gioconda?

17 de maio

Imaxe
Este domingo celebrariamos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS , que por mor da situación actual foi posposto para o mes de outubro. Este ano, o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero . Podedes acceder a diferentes recursos e informacións sobre o autor a través dos seguintes enlaces: Primavera das letras . Real Academia Galega . Seminario Galán . O Equipo de Dinamización da Lingua Galega  do noso centro recompilou os seguintes xogos: Letras Galegas 2020 . Adiviña personaxe . Descubrindo ao autor . O misterio da casa . Calendario das letras galegas . Pero sabedes cal é a mellor homenaxe que podemos facerlle á lingua? FALALA.

Viaxeiras

Imaxe
Igual que Jeanne Baret, as seguintes mulleres, dun xeito ou doutro viaxaron arredor do mundo. Esta semana, estivemos buscando información sobre elas. Aquí tendes un pequeno resumo das súas vidas: Pero hai moitas outras viaxeiras! Coñeces ti algunha?

Analizando un filme

Imaxe
Nestes días de confinamento, non esquecemos desenvolver actividades do noso proxecto Buganvílea. A semana pasada, o alumnado estivo analizando un filme moi especial: Mulan (1998) . Buscando semellanzas coa nosa aventureira. Ao mesmo que Jeanne Baret, Mulan atopou moitos impedimentos para conseguir o seu obxectivo simplemente polo feito de ser muller. Estas son algunhas das similitudes que atopamos entre ambas mulleres: Ambas tiveron que disfrazarse de home para poder lograr os seus obxectivos. A sociedade na que se desenvolve a historia non acepta determinadas actuacións dunha muller. Son mulleres valentes, intelixentes, loitadoras e decididas. Gústalles a natureza. Acaban sendo descubertas. Analizamos tamén aqueles comportamentos sexistas que nos chamaron a atención na película de Mulan. Hai moitos exemplos ao longo de todo o filme, destacamos os seguintes: Para que unha muller honre á súa familia, debe casar cun "bo home". A casamenteira decide como