Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

Contos Jane Goodall

Imaxe
Recompilamos pequenas narracións de Jane Goodall: 1. O QUE ACONTECEU CANDO TODOS NOS DETIVEMOS. Poema animado escrito por Tom Rivett-Carnac e narrado por Jane Goodall, que explora como a pandemia da Covid-19 nos lembrou a importancia de respectar a natureza. 2. RICKY E HENRI. Jane Goodall lenos un dos seus contos preferidos, escrito por ela mesma e ilustrado por Alan Marks. Este conto relata a historia real de amizade entre Rickie, unha cría de chimpancé vítima do tráfico ilegal, e Henri, un can. 3. A ÁGUIA. Con esta lectura, Jane convídanos a voar e a reflexionar. Esta fábula está escrita por ela mesma e ilustrada por Alexander. ACCESO AO VÍDEO. 4. FAMILIA DE ELEFANTES. Fascinante relato sobre un grupo de elefantes con fotografías de Hugo Van Lawick. ACCESO AO VÍDEO. 5. FAMILIA DE CHIMPANCÉS. Escrito a base das súas experiencias na selva, ofrece un íntimo relato dun grupo de chimpancés salvaxes que Jane Goodall coñeceu moi ben. ACCESO AO VÍDEO.

Día de Rosalía

Imaxe
Este 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro . Porén é importante citar que é un cambio na data da celebración, posto que sempre se viña homenaxeando no día 24. Isto débese a unha recente investigación da filóloga Sagrario Abelleira, que revelou que a poeta naceu o día 23 de febreiro, non o 24 como penasabamos ata o de agora. Á marxe disto, lembrar a esta poeta é o esencial. Esta semana, realizamos un pequeno traballo na procura de información sobre Rosalía de Castro. Tamén seleccionamos aquelas frases que nos parecían máis significativas do seu pensamento ou dalgún verso da súa obra. Sitentizamos aquí algunhas cousiñas: Unha parte do alumnado da aula descoñecía quen era Rosalía de Castro. Á maioría sorprendeulle moito o amor que sentía cara a súa terra. Comprendemos a palabra "morriña" e a palabra "saudade". Identificamos semellanzas con Jane Goodall. Reflexionamos sobre a actitude cara a lingua galega. Citamos fontes de onde obter a información. Reali

A muller e a nena na ciencia

Imaxe
Hoxe, 11 de febreiro , queremos manifestar a importancia do fomento da igualdade entre nenas e nenos. No seguinte enlace, tendes acceso a distinta información sobre o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA: 11F . Dende a  biblioteca do centro , promóvese a exposición de distintas mulleres relacionadas co ámbito científico. Nós presentamos a Jane Goodall, tal e como amosa o seguinte cartel: Tamén, quixemos dar a coñecer a importancia do seu traballo a favor da conservación das especies animais e da súa loita contra o cambio climático. Aproveitando a materia de plástica, e coa información sobre os distintos animais que investigamos no trimestre pasado, modelamos estes bichiños.  Está nas nosas mans decidir que tipo de diferenza queremos marcar na nosa sociedade.

Venres Reflexivos!

Imaxe
Ao longo do mes de febreiro iremos publicando pequenas citas de Jane Goodall, convidándovos a reflexionar sobre elas. Queremos achegarnos ao pensamento desta gran muller para poder comprender o seu particular xeito de entender o mundo. Damos comezo así aos VENRES REFLEXIVOS! As distintas frases irán colgándose nesta mesma entrada. Podes aportar o teu comentario no propio blog ou escribir no caderno a túa interpretación da cita. Venres 4 de febreiro Venres 11 de febreiro Venres 18 de febreiro Venres 25 de febreiro