Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

24 de febreiro, día de Rosalía

Imaxe
O pasado luns 24 de febreiro celebrouse o día de  Rosalía de Castro . Nas semanas previas estivemos investigando sobre esta gran poeta galega. E decatámonos de algunhas similitudes que atopamos con Jeanne Baret, ambas afastadas da súa terra, "errantes polo mundo". A  Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega  , baixo o lema " Errantes polo mundo ", convida a celebrar este día co agasallo dun libro ou dunha flor.  Nós fixemos unha rosa, coa que agasallamos a mulleres especiais. Na aula, estivemos reflexionando sobre o  manifesto  desta data, realizamos traballos sobre Rosalía e creamos pequenas composicións poéticas na honra desta marabillosa muller. Aquí tendes o resultados das nosas poesías:

Un Entroido no océano

Imaxe
Para este Entroido, propoñemos unha temática relaccionada co mar... polas nosas oceánicas! Pero o mar, tamén esconde algúns perigos nesta época de disfraces...

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Imaxe
O 11 de febreiro celébrase o día internacional da muller e da nena na ciencia , polo que esta semana, estamos traballando na aula diferentes temáticas vencelladas á importancia da igualdade de xénero neste sector. O noso proxecto Buganvílea é unha xanela aberta que nos permite seguir investigando sobre diferentes mulleres que abriron camiño.  Nas últimas semanas, descubrimos científicas "oceánicas", a través da web do Instituto Español de Oceanografía , e elaboramos por grupos diferentes traballos sobre as mesmas. Na aula, realizamos un mural sobre Jeanne Baret no que situamos dez códigos QR e elaboramos un cuestionario con preguntas sobre as nosas exposicións destas mulleres científicas. Estreamos as tabletas das biblioteca! e fixemos un pequeno reto... Que equipo adiviñou todas as preguntas? Tendes aquí os códigos QR do mural, por se algún visitante do blog quere investigar pola súa conta: Tamén quixemos saber máis sobre

Descubrindo a Jeanne Villepreux

Imaxe

Descubrindo a Maude Jane Delap

Imaxe

Descubrindo a Marie Tharp

Imaxe