Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

Concluíndo

Rematando! Un ano cheo de novas experiencias, novos retos, novos xeitos de traballo... Mundego quere agradecer todo o traballo realizado durante este tempo. Moitas grazas ás familias pola implicación co Proxecto Buganvílea e tamén pola súa colaboración durante a difícil situación acontecida nos últimos meses. E por suposto, grazas ao alumnado, por non deixar de lado a ilusión e o esforzo en cada unha das actividades propostas. Que nova viaxe nos espera para o vindeiro curso? Deixamos aquí algunhas reflexións sobre o Proxecto Buganvílea . ATA SETEMBRO! Arianna Gaizka Paula Adrián Carla Daniela Federica Diego Marcos Leo Jimena Luis Ánxela Sara C. Sara S. Emilio Ione Nicolás Carmen Iago

Sementando igualdade

Imaxe
Este ano foi un tanto especial á hora de desenvolver as nosas actividades. Porén non deixamos de lado seguir traballando no noso Proxecto Buganvílea. Como actividade final, consideramos que é importante compartir unha pequena mostra da nosa investigación. Pero fundamentalmente, sementar a igualdade. Que se nos ocorreu? Voltar a aquelas buganvíleas que localizamos na nosa contorna a comezos de ano. Nelas deixamos un agasallo: un pequeno carteliño no que se explica a orixe da planta, vencellada á súa descubridora.

Mestres por un día!

Dubido que nos libros de texto poida atopar explicacións tan fabulosas coma as que elaboraron os rapaces e rapazas de 5º. De feito, se tivese que volver á escola, escollería sen ningunha dúbida uns mestres e mestras coma estes! Queredes descubrir cousas sobre a enerxía ou a materia ?  Adrián : Os cambios de estado . Arianna: Os cambios e a enerxía . Carla: Os avances da ciencia e da tecnoloxía . Daniela: Clasificación da materia . Emilio: Enerxía e desenvolvemento sostible . Federica: Aproveitamento de materiais . Gaizka: A electricidade . Jimena: As transformacións da enerxía . Leo: A luz . Luis: As transformacións da enerxía . Marcos: A luz . Ánxela: A electricidade . Sara: A enerxía e as súas formas . Carmen: As máquinas e a enerxía . Diego: Enerxía e desenvolvemento sostible . Nicolás: A enerxía e as súas formas . Paula: As forzas e os seus efectos . Sara: Clasificación da materia . Iago: As

Sinopse do Poxecto Buganvílea

Cuestionario sobre o PROXECTO BUGANVÍLEA

Imaxe
Para Mundego é importante saber a opinión de familias e alumnado sobre os proxectos que se van desenvolvendo. Agradecemos a realización destes dous cuestionarios breves sobre o  Proxecto Buganvílea : un é para as familias e outro para o alumnado. Correspóndense a preguntas relativas ao desenvolvemento do proxecto realizado neste curso académico polo alumnado de 5ºC , polo que soamente debe responder dito alumnado. Moitas grazas pola vosa participación! CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS CUESTIONARIO PARA O ALUMNADO Data límite de entrega de respostas: luns 8 de xuño.