Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

Exposición sobre "A viaxe do Beagle"

Imaxe
Este venres estivemos na Casa da Cultura de Sada expoñendo o noso proxecto "A viaxe do Beagle". O equipo das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, convidounos a que désemos a coñecer aquelas actividades que fomentan o coidado e respecto cara o medio natural. Fixemos un resumo das máis interesantes, tal e como recolle este vídeo: Enlace  presentación Agasalláronnos cun libriño e cun fermoso niño para os paxaros! Xa temos casa para algunha das aves que traballamos este ano. Lembrades algunha?

Resposta do reto!

Imaxe
A maioría de vós, pensáchedes que isto era unha semente... pero non! É un  bugallo ! Un xeito de defensa que ten a árbore fronte ás picaduras de algúns insectos que deixan os seus ovos nela. 

Visita ao Monte de San Pedro

Imaxe

Animais que curan

Imaxe
Hoxe visitáronnos dous expertos no mundo canino! Adrián e Lucía foman parte de  Candamin , un equipo que traballa a educación dos animais para poder ayudar ás persoas con dificultades de relación. Adrián é un educador canino e Lucía é unha terapeuta ocupacional. Estes mundos ligáronse para poder mellorar a comunicación, o entendemento e a resolución de conflitos mediante a relación cos cans. Sabiades que os niveis de nerviosismo baixan cando unha persoa acaricia a un animal? Que a moitas nenas e nenos con necesidades educativas lles resulta máis doado comunicarse a través dunha mascota? Matilda, Bosco e Venus axudan a que moitas persoas poidan desenvolverse con maior autonomía. Nós, que estivemos traballando os animais en perigo de extinción, non nos decatamos que moitas razas de cans acabarán extinguíndose, debido á endogamia.  Moitas grazas pola actividade, o traballo e a información!

Seguimos descubrindo espazos naturais

Imaxe
A través do equipo das  Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo , realizamos unha saída moi interesante a Sobrado dos Monxes. Non solamente descubrimos a arquitectura do seu mosteiro, tamén fixemos unha andaina ata a lagoa! Un espazo natural cheo de vida. Cantas especies pensades que forman parte dese ecosistema? Turismo de Sada fíxose eco desta noticia: Saída pola contorna No camiño da Carballeira, atopamos isto. Alguén sabe o que é? Pensades que é un froito? RETO PARA A VINDEIRA SEMANA!

Maios

Imaxe
Recitando haikus e vestindo de flores o maio...

Os nosos haikus

Cada pobo e cada cultura ten a súa tradición e manifestacións literarias. Esta semana estivemos mergullándonos na poesía xaponesa: os haikus. Esas pequenas composicións poéticas que adoitan falar da natureza. E que mellor xeito de seguir festexando as poéticas diversas! E de seguir fomentando o coidado ao  medio natural. Aquí tendes unha mostra das nosas creacións. A herba que observamos dende a ventá da aula, foi o fondo perfecto para evadirnos con estes fermosos versos:

Creando especies

Aquí tendes as historias das nosas especies!

Día da Ciencia!

Imaxe
Hoxe estivemos gozando da ciencia, ensinando as nosas experiencias e descubrindo outras novas.  A  “Ciencia en la calle”  vestiu o parque de Santa Margarita de científicos e científicas! Moitas grazas Carla, Daniela e Martín! Por participar nesta celebración. E ás súas familias pola dedicación e tempo. Aquí tendes o vídeo da xornada:  Día da ciencia