Animais que curan

Hoxe visitáronnos dous expertos no mundo canino! Adrián e Lucía foman parte de Candamin, un equipo que traballa a educación dos animais para poder ayudar ás persoas con dificultades de relación. Adrián é un educador canino e Lucía é unha terapeuta ocupacional. Estes mundos ligáronse para poder mellorar a comunicación, o entendemento e a resolución de conflitos mediante a relación cos cans.
Sabiades que os niveis de nerviosismo baixan cando unha persoa acaricia a un animal?
Que a moitas nenas e nenos con necesidades educativas lles resulta máis doado comunicarse a través dunha mascota?
Matilda, Bosco e Venus axudan a que moitas persoas poidan desenvolverse con maior autonomía.

Nós, que estivemos traballando os animais en perigo de extinción, non nos decatamos que moitas razas de cans acabarán extinguíndose, debido á endogamia. 

Moitas grazas pola actividade, o traballo e a información!




















Comentarios

Publicacións populares deste blog

8M