Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

PREMIO TRABALLO POR PROXECTOS

Imaxe
O PROXECTO ODISEA foi seleccionado no VII concurso de traballo por proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar. Este proxecto, desenvolvido ao longo do curso pasado, acadou o premio na categoría de " proxectos de investigación grupo/nivel ", achegando un clásico de Homero a través dunha readaptación da obra; deixando paso á análise da mitoloxía grega, ao papel da muller na cultura clásica, á creación poética e ás distintas manifestacións artísticas. Parabéns ao alumnado e familias pola implicación e esforzo ao longo do proxecto!