Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

A extinción de especies

Os nenos e nenas de sexto, somos totalmente conscientes da importancia do coidado e respeto do medio natural. A investigación que fixemos sobre as especies en perigo de extinción foi un punto de inflexión para decatarnos da urxencia sobre a protección dos hábitats. Tivemos unha mensaxe moi especial: o tataraneto de Charles Darwin achegounos un vídeo para alertarnos da desaparición de animais e plantas, a través dun texto moi fermoso. ”Isto é unha mensaxe para o futuro. Hoxe é dezassete de novembro de 2018. Eu son o tataraneto de Charles Darwin e estou moi preocupado. O meu antepasado investigou sobre diferentes especies animais fai moitos anos, e xa se decantara de que moitas delas estaban extintas. Unha mágoa. É certo que moitas especies evolucionan, pero estoume dando conta de que a maioría desaparecen. Por que? Moi sinxelo: polo ser humano. Que destraga o seu hábitat, contamina o ecosistema, introduce especies invasoras, caza sen límites... Somos un verdadeiro par

Animais en perigo

Estas semanas estivemos traballando sobre a importancia do coidado do medio ambiente e buscamos información sobre aquelas especies animais que están en perigo de extinción. Tivemos en conta todo o que aprendemos na materia de ciencias naturais para clasificalas pero tamén descubrimos moitas curiosidades e animais que descoñeciamos. A mágoa é que hai moitas máis especies en perigo... depende de nós que deixen de estalo. Coñeces o saola ou o axolote? Sabías que o corazón dunha balea azul é case tan grande coma un coche?  De onde vén o nome de “lince”? Os animais son seres verdadeiramente interesantes. Descúbreos e protéxeos!

Mes da ciencia

Imaxe
No mes de novembro, as bibliotecas escolares  celebran o mes da ciencia. Nós, posto que estamos descubrindo ao científico Charles Darwin, tamén nos queremos mergullar neste mundo a través de experimentos sinxelos. O primeiro que fixemos  foi buscar algúns experimentos na rede, formulando as hipóteses dos mesmos e tomando conciencia da importancia do método científico. A nosa proposta para a celebración da ciencia foi compartila! Como? Pensamos nunha exposición no laboratorio ao alumnado de cuarto de educación primaria. Entregámoslles unha táboa previa con hipóteses que contestar...e logo demostramos a veracidade ou non das súas respostas. Sabedes quen presentou os nosos experimentos? Charles Darwin! Foi toda unha sorpresa! Creamos un arco da vella na escuridade, unha botella con pulmóns, un vaso que bebe auga boca abaixo... Darwin entregounos tamén un agasallo: Na biblioteca realizouse unha exposición de libros sobre a ciencia, que tam

A vida de Charles Darwin

Imaxe
Esta semana estivemos buscando información na aula de informática sobre a vida de Charles Darwin... e descubrimos que era un gran científico, pero tamén un viaxeiro! O que máis nos chamou a atención foron os debuxos do seu caderno de notas. Nós tamén quixemos ser artistas e comezamos a debuxar a súa biografía.   biografía de Charles Darwin biografía en pdf

Quen era Charles Darwin?

Imaxe
A biblioteca do centro é o lugar perfecto para dar comezo á nosa investigación. Quen era Darwin? Como comezou a súa teoría das especies? Cal é a orixe da súa viaxe?

A viaxe de Darwin

Imaxe
Este curso comezamos traballando sobre as diferentes especies de animais. Para nós é moi fácil entender o xeito de clasifiación dos seres vivos, posto que todos os grupos reúnen unhas características comúns. Pero... fai moitos años, isto non era tan doado de asimilar. É certo iso de que todas as especies teñen un antepasado común? Como xurde esta dúbida? E... a quen? Este curso imos comezar unha investigación. Tentaremos dar resposta a estas e outras cuestións a través dun viaxeiro moi especial: Charles Darwin. Imaxe extraída da Wikipedia