A extinción de especies
Os nenos e nenas de sexto, somos totalmente conscientes da importancia do coidado e respeto do medio natural. A investigación que fixemos sobre as especies en perigo de extinción foi un punto de inflexión para decatarnos da urxencia sobre a protección dos hábitats.
Tivemos unha mensaxe moi especial: o tataraneto de Charles Darwin achegounos un vídeo para alertarnos da desaparición de animais e plantas, a través dun texto moi fermoso.
Tivemos unha mensaxe moi especial: o tataraneto de Charles Darwin achegounos un vídeo para alertarnos da desaparición de animais e plantas, a través dun texto moi fermoso.
”Isto é unha mensaxe para o futuro. Hoxe é dezassete de novembro de 2018.
Eu son o tataraneto de Charles Darwin e estou moi preocupado.
O meu antepasado investigou sobre diferentes especies animais fai moitos anos, e xa se decantara de que moitas delas estaban extintas. Unha mágoa.
É certo que moitas especies evolucionan, pero estoume dando conta de que a maioría desaparecen.
Por que?
Moi sinxelo: polo ser humano.
Que destraga o seu hábitat, contamina o ecosistema, introduce especies invasoras, caza sen límites...
Somos un verdadeiro parasito!
Pero confío en que tamén hai xente boa, nenos e nenas intelixentes que serán homes e mulleres respectuosos co medio ambiente.
Espero que dentro dunhas décadas esta mensaxe soamente fora unha pequena advertencia dun vello tolo coma min.
Ogallá sigan existindo as baleas azuis, os osos polares, os linces ibéricos, os gorilas de montaña, os pandas xigantes ou as pitas de monte.
Confío en vós!”
Comentarios
Publicar un comentario