Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

Animais en perigo de extinción

A través do noso Proxecto Primate, queremos concienciar da importancia de respectar o medio natural. Moitas especies da animais están en perigo de extinción unicamente pola acción do ser humano sobre o ecosistema. Achegámosvos algún destes animais para que descubrades as súas características. Son criaturas verdadeiramente fermosas e extraordinarias! ESCOITA O SEGUINTE VÍDEO E REALIZA O XOGO! ENLACE AO XOGO

Saídas pola contorna

Imaxe
Hoxe realizamos unha pequena saída pola nosa contorna: descubrindo a zona costeira de Sada. A través da asociación da Reserva da Biosfera , descubrimos moitas cousas que descoñeciamos sobre a zona das mariñas.

Letras Galegas 2022

Imaxe
Este 17 de maio, coma cada ano, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Toda a información sobre o autor homenaxeado no seguinte enlace: FLORENCIO DELGADO . Nós, achegámosvos unha pequena biografía de Florencio Delgado (tamén en pictogramas): E un fermoso poema que reflicte o amor do poeta cara a súa terra: GALICIA INFINDA! Pero nesta semana tan especial, o que máis ilusión nos fixo, foi coñecer ao autor homenaxeado a través dunha mestra do centro: Pili. Como naceu preto de Valdeorras, achegounos moita información sobre Florencio Delgado. E tamén nos descubriu algún dos seus poemas musicados: enlace . Sabiades que moitos nomes da zona foron castelanizados? O agarimo co que ela fala do galego, da súa terra, da súa infancia e da importancia da contorna, fannos comprender máis a poesía deste autor ourensán. Moitas grazas Pili, polo teu tempo! ACCESO Á ENTREVISTA MATERIAL INFORMATIVO PARA TRABALLAR NAS AULAS: SEMINARIO GALÁN .