Letras Galegas 2022
Este 17 de maio, coma cada ano, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Toda a información sobre o autor homenaxeado no seguinte enlace: FLORENCIO DELGADO.
Nós, achegámosvos unha pequena biografía de Florencio Delgado (tamén en pictogramas):
E un fermoso poema que reflicte o amor do poeta cara a súa terra: GALICIA INFINDA!
Pero nesta semana tan especial, o que máis ilusión nos fixo, foi coñecer ao autor homenaxeado a través dunha mestra do centro: Pili. Como naceu preto de Valdeorras, achegounos moita información sobre Florencio Delgado. E tamén nos descubriu algún dos seus poemas musicados: enlace. Sabiades que moitos nomes da zona foron castelanizados?
O agarimo co que ela fala do galego, da súa terra, da súa infancia e da importancia da contorna, fannos comprender máis a poesía deste autor ourensán.
Moitas grazas Pili, polo teu tempo!
MATERIAL INFORMATIVO PARA TRABALLAR NAS AULAS: SEMINARIO GALÁN.
Comentarios
Publicar un comentario