Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

Felices festas!

Imaxe
O mellor destas datas é poder pasalas xunto ás persoas que queres. 

Descubrindo buganvíleas!

Imaxe
Estas semanas estivemos investigando onde atopar buganvíleas na nosa contorna: identificámolas, sinalamos a súa situación e sacámoslles fotografías. En xuño, voltaremos a eses lugares para deixar neles un pequeno agasallo...

Recoñecendo buganvíleas

Imaxe
Marcos tróuxonos hoxe á clase unha buganvílea. Pese a estar un pouco seca, observamos as súas cores e formas. Grazas!

Mulleres dinamizadoras do rural

Imaxe
Dende o equipo da  Reserva da Biosfera , achegáronnos o PAPEL DA MULLER NO RURAL. Coñecemos a Raquel, unha muller emprendedora e namorada da súa contorna, que nos ensinou a importancia de poñer en valor as ideas. Afondamos nos prexuízos que temos sobre a vida nas aldeas e convidounos a coñecer a agricultura ecolóxica..  Ela, dende moi pequena, tiña un soño: vivir no campo e ser a dona da súa propia empresa. Conseguiuno!

Contacontos de igualdade

Imaxe
Hoxe contáronnos a historia do rei Arturo...pero dun xeito moi diferente.  Visitounos un contador de historias moi especial, que nos descubriu un segredo descoñecido para algúns rapaces e rapazas: o máis importante para calquera muller é o dereito a DECIDIR.