Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

Preparándonos para a ciencia na rúa!

Estamos buscando experiencias sinxelas e atractivas para presentar aos compañeiros e compañeiras... A profe María atopou unha moi interesante, ollade: Tamén estivemos elaborando un disco moi especial... E Martín “motorizouno”! Fixádevos nas cores: E Carla converteuse nunca inventora de aparellos! Seguimos investigando!

O Gatipedro e as novas especies

Imaxe
Alguén escoitou falar do Gatipedro? Co gallo deste conto de  Álvaro Cunqueiro , creamos diferentes animais fantásticos! Seguramente Charles Darwin nunca pensaría en atopar un fósil destes seres, pero a nosa imaxinación permítenos dar vida a novas especies! A vindeira semana, os seus creadores e creadoras, explicarán que seres son estes! A súa alimentación, onde habitan, e... de que especies animais partiron. Se vos fixades ben nas súas partes, seguro que adiviñades que mesturas máis tolas fixeron!

Último reto Pequechxs!

Grazas nenas e nenos de infantil do C.P.I. Castro Baxoi por querer participar nesta aventura poética! A nosa intención foi achegarvos un anaquiño da nosa paixón polos animais e tentar que descubrísedes a importancia do coidado ao medio natural.  Gustáronnos moito as vosas exposicións! Pero o que máis nos gusta é que investiguedes, que dubidedes, que preguntedes... Xa dicía Darwin que a curiosidade e a observación son os eixes do coñecemento! Último reto... alá vai:

Proxecto da Biblioteca

Imaxe
Como xa sabedes, en outubro, dende a biblioteca do centro, propúxose un proxecto sobre  viaxes . Para o fomento do hábito lector, creáronse pasaportes viaxeiros e seleccionáronse libros de diferentes países. Segundo se ían lendo, íanse selando as tarxetas correspondentes.  Lembrade que o venres 31 de maio será o último día para entregar os vosos pasaportes selados na caixiña da biblioteca. Moita sorte viaxeiros e viaxeiras!

Día do libro: as nosas lecturas favoritas

Imaxe
Hoxe é o día do libro! Conmemorámolo lendo un fermoso poema de Marilar Aleixandre  que nos achega  Bibliotecas Escolares .  A nós gústanos ler! E atopamos milleiros de razóns para facelo: escapar da rutina diaria, descubrir novos lugares, abrir as portas á imaxinación, desconectar, sorrir, aprender cousas novas, soñar.. A mellor das viaxes é ler un bo libro! Neste día, quixemos representar aquelas escenas ou personaxes que nos fascinaron. Seguro que algún de vós coñece estas historias.  Viaxades  connosco?

Dialogando sobre Darwin

Imaxe
Na área de Ciencias Sociais estivemos investigando sobre a viaxe de Darwin no Beagle. Buscamos no mapa as diferentes paradas que realizou, os fósiles atopados ou as especies que máis lle chamaron a atención. Logo, de xeito individual, realizamos distintos traballos. Hoxe estivemos falando sobre o que pescudamos!