Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

Grazas!

Imaxe

Circuítos eléctricos

Imaxe
O mellor xeito de entender as partes dun circuíto eléctrico é creándoo! Debaixo de cada unha destas fermosas maquetas están camuflados os cables, o xerador (pila), un interruptor e o receptor (lámpada).

A cor da pel

Imaxe
Estes días nos que a prensa se enche de noticias sobre o racismo nos campos de fútbol, decidimos adentrarnos máis nesta visión social sobre a cor da nosa pel. Cal é a cor correcta? A cor determina unha personalidade? Tratamos diferente ás persoas segundo a cor da súa pel?  Os nenos e nenas de educación infantil, reflexionaron sobre como é a cor da súa pel, como a definen e como a representan. Pili, a súa mestra, propúxonos trasladar a actividade ao último curso de primaria. Sabes cal foi a súa sorpresa? que seguimos sen cambiar a perspectiva social da "cor carne". Amosasmos aquí a nosa actividade de reflexión, que abrangue a área de plástica e de matemáticas. Pero fundamentalmente, promovemos unha educación en valores. Reflexionas connosco? O alumnado deu resposta ás seguintes preguntas: COMO DESCRIBIRÍAS A COR DA TÚA PEL? "A miña cor de pel é de cor carne un pouquiño bronceada" "A miña pel é de cor carne e ten uns poucos pelos, é media escura e media branca co