Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

Mural de Lidia Cao

Imaxe
Esta semana, da man de Lidia Cao , demos vida a unha das paredes do centro mediante un mural sobre a igualdade. A idea nace do PROXECTO BUGANVÍLEA , no que a través da figura de Jeanne Baret se conciencia ao alumnado nunha educación en valores. O deseño, coma toda obra de arte, deixa unha porta aberta á interpretación de quen observa: unha muller aventureira, respectuosa co medio ambiente, que leva ás súas costas un soño. Altamente recomendable o traballo desta artista. A súa interpretación das propostas, a empatía coas cores e o deseño exquisito en cada un dos trazos, converten a Lidia Cao nunha referencia do muralismo emocional. Grazas infinitas! SEMENTEMOS BUGANVÍLEAS!

Día da poesía

Imaxe
Neste día da poesía , o alumnado de 5º quere demostrar que pode nacer en calquera lugar, mesmo nos anacos dun xornal. Estivemos recortando palabras do xornal, mesturándoas nas ringleiras dunha folla, para logo elaborar unha poesía de xeito individualizado. Para practicar a rima, decidimos que rimasen os pares en consonante. Logo, elaboramos unha composición poética conxunta. QUE SENTIMENTOS CHE DESPERTA A TI? PODERÍAS IDENTIFICAR DE QUE FALA? Outra das actividades para festexar un día tan especial, foi a visita do coro da vila: CORO LEMBRANZAS. Moitas grazas a estes avós e avoas por agasallarnos co seu fermoso recital! Dende bibliotecas escolares, achégannos estas recomendacións poéticas:  MALETAS VIAXEIRAS POESÍA INFANTIL-XUVENIL

8M

Imaxe
Esta semana temos previstas unha serie de actividades para poñer en alza o papel da muller na sociedade. Estade atentxs, porque chega cargadiña de arte... Para conmemorar o día da muller , elaboramos este pequeno vídeo. Convidámosvos a que reflexionedes sobre el. FELIZ DÍA!