Mural de Lidia Cao
Esta semana, da man de Lidia Cao, demos vida a unha das paredes do centro mediante un mural sobre a igualdade. A idea nace do PROXECTO BUGANVÍLEA, no que a través da figura de Jeanne Baret se conciencia ao alumnado nunha educación en valores.
O deseño, coma toda obra de arte, deixa unha porta aberta á interpretación de quen observa: unha muller aventureira, respectuosa co medio ambiente, que leva ás súas costas un soño.
Altamente recomendable o traballo desta artista. A súa interpretación das propostas, a empatía coas cores e o deseño exquisito en cada un dos trazos, converten a Lidia Cao nunha referencia do muralismo emocional. Grazas infinitas!
SEMENTEMOS BUGANVÍLEAS!
Comentarios
Publicar un comentario