Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2019

Grazas!

Imaxe

Club de poetas

Despedimos este curso cargadiño de poesía...! Estivemos vendo o final da película  El cub de los poetas muertos , a escena máis fermosa do  filme . E decubrimos o poema de  Walt Whitman . Aquí deixamos unha pequena mostra das nosas poéticas, realizadas na materia de lingua castelá:

Visita ao zoo de Madrid

Imaxe
Hoxe poidemos ver moitos dos animais que traballamos este ano! Pandas xigantes, camelos bactrianos, gorilas, rinocerontes brancos... Pero seguimos pensando o mesmo: é máis importante e urxente coidar os seus espazos naturais que visitalos en lugares privatizados de liberdade. Recoñecedes a alguén desta imaxe do Museo de Cera?

Retratando a Charles Darwin

Imaxe
Na área de Educación Plástica estivemos traballando diferentes estilos pictóricos mediante a figura de Charles Darwin.  A arte é un xeito máis de poesía, posto que a través dunha obra podemos expresar e manifestar sentimentos. A cor escura, os grises e o monocromatismo dos seguintes retratos realistas, xeraron en nós tristura, frialdade, nostalxia, soidade, tempos pasados, serenidade...  Pola contra, estes outros, cheos de cor e formas xeométricas, tentaron achegarse á arte cubista.  Este cromatismo tan diverso, crea a sensación de alegría, fantasía, diversión, movemento... Pero lembrade, toda manifestación artística, xera distintos sentimentos en función de quen observe.

Bitácoras no día do medio ambiente

Imaxe
No  día mundial do medio ambiente , nós quixemos ser partícipes sendo conscientes da beleza natural que nos rodea. Meténdonos de novo na pel de Charles Darwin, ao longo da semana, estivemos realizando observacións do entorno próximo: árbores, paxaros, herba, clima... todo o que pasamos por alto cando saímos ao recreo. Tamén somos conscientes da importancia de coidar o ecosistema, algo que temos moi presente dende que comezamos a andaina da "Viaxe do Beagle". Dende a biblioteca, realizouse unha selección de libros para conmemorar este día: Amosamos aquí anacos dos nosos cadernos de observacións. Lembrade: a observación é a semente de todos os pensamentos.