Bitácoras no día do medio ambiente
No día mundial do medio ambiente, nós quixemos ser partícipes sendo conscientes da beleza natural que nos rodea. Meténdonos de novo na pel de Charles Darwin, ao longo da semana, estivemos realizando observacións do entorno próximo: árbores, paxaros, herba, clima... todo o que pasamos por alto cando saímos ao recreo.
Tamén somos conscientes da importancia de coidar o ecosistema, algo que temos moi presente dende que comezamos a andaina da "Viaxe do Beagle".
Dende a biblioteca, realizouse unha selección de libros para conmemorar este día:
Amosamos aquí anacos dos nosos cadernos de observacións. Lembrade: a observación é a semente de todos os pensamentos.
Comentarios
Publicar un comentario