Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Actividades sobre poesía

Imaxe
Na aula estivemos traballando estas semanas diferentes xéneros literarios (narrativa, lírica e teatro).  Hoxe comeza a primavera e mañá celebrarase o día internacional da poesía , polo que propoñemos dúas actividades respecto ao xénero lírico para ir facendo nos vindeiros días. Busca un verso ou pequeno fragmento poético e súbeo como comentario do blog (lembra citar o autor ou autora do mesmo). Visualiza o seguinte vídeo elaborado polo alumnado do curso pasado. Escolle unha das palabras que atopa o protagonista e elabora con ela un pareado (dous versos que rimen entre si). Podes ilustrar a túa composición cun debuxo.  *Esta actividade é para elaborar no caderno, pero tamén podedes subir as vosas creacións nos comentarios do blog. enlace ao vídeo : " compartindo poesía " Exemplo de pareado coa palabra "xeada": "Cando a mañá se viste de XEADA o ceo pinta unha noite estrelada" Sabemos que nestes días está escaseando a poesía. Dende

Programación actividades

Imaxe
Ao longo das semanas estableceremos a programación seguindo o horario de materias. Facilitaremos todo o material para a realización de actividades (fichas, enlaces e páxinas concretas do libro). Somos conscientes de que non todo o alumnado dispón dos libros de texto nas súas casas, polo que subiremos imaxes dos mesmos cando sexa necesario.  Así mesmo, poñemos a disposición das familias o acceso á editorial para acceder a eles segundo as INSTRUCIÓNS seguintes : Acceder á páxina de ANAYA e entrar na "web del alumnado". Ir a "nuevo usuario" e completar o rexistro. Co teu nome de usuario e contraseña xa podes acceder dende a páxina principal. Agora solicitarache unha licencia para poder ir descargando os diferentes libros (a continuación amósanse as licencias segundo o número de clase). *A cada alumno correspóndenlle 5 licencias, unha por materia. Fíxate na aula á que pertences (5ºC ou 5º B) e o teu número de lista (están establecidas por orde de li

8M, Día Internacional da Muller

Imaxe
Onte celebrouse o Día Intenacional da Muller  e na aula dialogamos sobre a importancia da igualdade de xénero: todos e todas podemos ser o que desexemos ser, independentemente de se somos home ou muller. Esta é a idea que vertebra o noso proxecto Buganvílea .  A biblioteca do centro presenta unha selección de libros sobre mulleres que fixeron historia e contos que rompen cos estereotipos de xénero.  Estas son as nosas recomendacións de lectura: Malala, por el derecho de las niñas a la educación. Las niñas serán lo que quieran ser. Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. Pioneiras, galegas que abriron camiño. María Montessori. Las niñas serán lo que quieran ser. Amelia Earhart e Firda Kahlo. Cuando las niñas vuelan alto. Para celebrar este día, elaboramos o seguinte vídeo:

Mulleres emprendedoras

Imaxe
Hoxe visitounos María, unha muller que decidiu deixar un traballo estable para adicarse a un oficio tradicional na procura dunha conciliación familiar. Achegounos a importancia da posta en valor dos usos tradicionais das plantas  e desubrimos novas especies vexetais. Decatámonos que moitas delas son plantas que vemos diariamente en parques ou prados, algunhas comestibles, outras empregadas na cosmética e mesmo como medicamentos naturais.