Programación actividades


Ao longo das semanas estableceremos a programación seguindo o horario de materias. Facilitaremos todo o material para a realización de actividades (fichas, enlaces e páxinas concretas do libro). Somos conscientes de que non todo o alumnado dispón dos libros de texto nas súas casas, polo que subiremos imaxes dos mesmos cando sexa necesario. 
Así mesmo, poñemos a disposición das familias o acceso á editorial para acceder a eles segundo as INSTRUCIÓNS seguintes:

  1. Acceder á páxina de ANAYA e entrar na "web del alumnado".
  2. Ir a "nuevo usuario" e completar o rexistro.
  3. Co teu nome de usuario e contraseña xa podes acceder dende a páxina principal.
  4. Agora solicitarache unha licencia para poder ir descargando os diferentes libros (a continuación amósanse as licencias segundo o número de clase).
*A cada alumno correspóndenlle 5 licencias, unha por materia. Fíxate na aula á que pertences (5ºC ou 5º B) e o teu número de lista (están establecidas por orde de lista de cada clase). Apunta as túas licencias (códigos) que che servirán para descargar as cinco asignaturas.







Comentarios