Retratando a Charles Darwin
Na área de Educación Plástica estivemos traballando diferentes estilos pictóricos mediante a figura de Charles Darwin.
A arte é un xeito máis de poesía, posto que a través dunha obra podemos expresar e manifestar sentimentos. A cor escura, os grises e o monocromatismo dos seguintes retratos realistas, xeraron en nós tristura, frialdade, nostalxia, soidade, tempos pasados, serenidade...
Pola contra, estes outros, cheos de cor e formas xeométricas, tentaron achegarse á arte cubista.
Este cromatismo tan diverso, crea a sensación de alegría, fantasía, diversión, movemento...
Comentarios
Publicar un comentario