Día da poesía
Neste día da poesía, o alumnado de 5º quere demostrar que pode nacer en calquera lugar, mesmo nos anacos dun xornal.
Estivemos recortando palabras do xornal, mesturándoas nas ringleiras dunha folla, para logo elaborar unha poesía de xeito individualizado. Para practicar a rima, decidimos que rimasen os pares en consonante.
Logo, elaboramos unha composición poética conxunta. QUE SENTIMENTOS CHE DESPERTA A TI? PODERÍAS IDENTIFICAR DE QUE FALA?
Outra das actividades para festexar un día tan especial, foi a visita do coro da vila: CORO LEMBRANZAS. Moitas grazas a estes avós e avoas por agasallarnos co seu fermoso recital!
Dende bibliotecas escolares, achégannos estas recomendacións poéticas:
Comentarios
Publicar un comentario