Mes da ciencia



No mes de novembro, as bibliotecas escolares celebran o mes da ciencia.
Nós, posto que estamos descubrindo ao científico Charles Darwin, tamén nos queremos mergullar neste mundo a través de experimentos sinxelos.

O primeiro que fixemos  foi buscar algúns experimentos na rede, formulando as hipóteses dos mesmos e tomando conciencia da importancia do método científico.

A nosa proposta para a celebración da ciencia foi compartila! Como? Pensamos nunha exposición no laboratorio ao alumnado de cuarto de educación primaria. Entregámoslles unha táboa previa con hipóteses que contestar...e logo demostramos a veracidade ou non das súas respostas.

Sabedes quen presentou os nosos experimentos? Charles Darwin! Foi toda unha sorpresa!

Creamos un arco da vella na escuridade, unha botella con pulmóns, un vaso que bebe auga boca abaixo...









Darwin entregounos tamén un agasallo:

Na biblioteca realizouse unha exposición de libros sobre a ciencia, que tamén nos facilitou a búsqueda de información.

Manifesto sobre a ciencia na escola.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

8M