Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O 11 de febreiro celébrase o día internacional da muller e da nena na ciencia, polo que esta semana, estamos traballando na aula diferentes temáticas vencelladas á importancia da igualdade de xénero neste sector.
O noso proxecto Buganvílea é unha xanela aberta que nos permite seguir investigando sobre diferentes mulleres que abriron camiño. 

Nas últimas semanas, descubrimos científicas "oceánicas", a través da web do Instituto Español de Oceanografía, e elaboramos por grupos diferentes traballos sobre as mesmas.

Na aula, realizamos un mural sobre Jeanne Baret no que situamos dez códigos QR e elaboramos un cuestionario con preguntas sobre as nosas exposicións destas mulleres científicas. Estreamos as tabletas das biblioteca! e fixemos un pequeno reto... Que equipo adiviñou todas as preguntas?






Tendes aquí os códigos QR do mural, por se algún visitante do blog quere investigar pola súa conta:





Tamén quixemos saber máis sobre a promotora do proxecto "oceánicas", Ana Morillas, e enviamos unha pequena ENQUISA. Tivemos moita sorte, é unha muller apaixonada polo seu traballo e así o transmitiu a través das súas respostas:


MOITAS GRAZAS ANA! COÑECER MÁIS SOBRE TI É UNHA INSPIRACIÓN PARA NÓS!

Para rematar esta semana científica, convidaremos ao alumnado de 3º e 4º de primaria a descubrir as "oceánicas" a través dos nosos traballos. Descubrirán quen é Jeanne Baret?


Comentarios

  1. Precioso traballo!noraboa a todos os implicados na súa execución. Interesantísima entrevista a Ana Morillas que dende hoxe Vai a ser un referente tamèn para min.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

8M