24 de febreiro, día de Rosalía
O pasado luns 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Nas semanas previas estivemos investigando sobre esta gran poeta galega. E decatámonos de algunhas similitudes que atopamos con Jeanne Baret, ambas afastadas da súa terra, "errantes polo mundo".
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega , baixo o lema "Errantes polo mundo", convida a celebrar este día co agasallo dun libro ou dunha flor.
Nós fixemos unha rosa, coa que agasallamos a mulleres especiais.
Na aula, estivemos reflexionando sobre o manifesto desta data, realizamos traballos sobre Rosalía e creamos pequenas composicións poéticas na honra desta marabillosa muller.
Aquí tendes o resultados das nosas poesías:
Comentarios
Publicar un comentario