Día de Rosalía
Este 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Porén é importante citar que é un cambio na data da celebración, posto que sempre se viña homenaxeando no día 24. Isto débese a unha recente investigación da filóloga Sagrario Abelleira, que revelou que a poeta naceu o día 23 de febreiro, non o 24 como penasabamos ata o de agora. Á marxe disto, lembrar a esta poeta é o esencial.
Esta semana, realizamos un pequeno traballo na procura de información sobre Rosalía de Castro. Tamén seleccionamos aquelas frases que nos parecían máis significativas do seu pensamento ou dalgún verso da súa obra.
Sitentizamos aquí algunhas cousiñas:
- Unha parte do alumnado da aula descoñecía quen era Rosalía de Castro.
- Á maioría sorprendeulle moito o amor que sentía cara a súa terra.
- Comprendemos a palabra "morriña" e a palabra "saudade".
- Identificamos semellanzas con Jane Goodall.
- Reflexionamos sobre a actitude cara a lingua galega.
- Citamos fontes de onde obter a información.
- Realizamos un retrato da poeta.
Decatámonos de que a poesía é unha expresión intimista de emocións, polo que a súa lectura require dunha entoación axeitada. A través do seguinte vídeo, queremos compartir un pequeno poema de Rosalía. Ela, ao mesmo que Jane Goodall, observaba a contorna: na súa obra a natureza está sempre presente.
No seguinte vídeo, tendes unha pequena biografía sobre esta recoñecida poeta galega:
por fin le veo la cara a mis sucesores
ResponderEliminar