Contos Jane Goodall

Recompilamos pequenas narracións de Jane Goodall:

1. O QUE ACONTECEU CANDO TODOS NOS DETIVEMOS.

Poema animado escrito por Tom Rivett-Carnac e narrado por Jane Goodall, que explora como a pandemia da Covid-19 nos lembrou a importancia de respectar a natureza.


2. RICKY E HENRI.

Jane Goodall lenos un dos seus contos preferidos, escrito por ela mesma e ilustrado por Alan Marks. Este conto relata a historia real de amizade entre Rickie, unha cría de chimpancé vítima do tráfico ilegal, e Henri, un can.


3. A ÁGUIA.


Con esta lectura, Jane convídanos a voar e a reflexionar. Esta fábula está escrita por ela mesma e ilustrada por Alexander. ACCESO AO VÍDEO.


4. FAMILIA DE ELEFANTES.


Fascinante relato sobre un grupo de elefantes con fotografías de Hugo Van Lawick. ACCESO AO VÍDEO.


5. FAMILIA DE CHIMPANCÉS.


Escrito a base das súas experiencias na selva, ofrece un íntimo relato dun grupo de chimpancés salvaxes que Jane Goodall coñeceu moi ben. ACCESO AO VÍDEO.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

8M