Mulleres que contan
Seguimos recomendando lectura! Esta vez, son as nosas nais, tías, curmás... as que nos van falar dos libros que lían cando tiñan a nosa idade.
No día do libro, a través das verbas de Manuel Gago, expuxemos que toda lectura deixa unha semente en nós. Para elas, mulleres da nosa vida, estes libros deixaron unha pegada importante como lembranza dunha época.
Ler nunca pasa de moda! E estas historias seguro que vos atrapan ao mesmo que a elas. Animámosvos a que escollades algunha destas recomendacións e nos contedes as vosas impresións.
Mundego agradece a colaboración infinita das familias. Grazas pola implicación e por viaxar connosco!
Comentarios
Publicar un comentario