Analizando un filme

Nestes días de confinamento, non esquecemos desenvolver actividades do noso proxecto Buganvílea.
A semana pasada, o alumnado estivo analizando un filme moi especial: Mulan (1998). Buscando semellanzas coa nosa aventureira. Ao mesmo que Jeanne Baret, Mulan atopou moitos impedimentos para conseguir o seu obxectivo simplemente polo feito de ser muller.

Estas son algunhas das similitudes que atopamos entre ambas mulleres:
  • Ambas tiveron que disfrazarse de home para poder lograr os seus obxectivos.
  • A sociedade na que se desenvolve a historia non acepta determinadas actuacións dunha muller.
  • Son mulleres valentes, intelixentes, loitadoras e decididas.
  • Gústalles a natureza.
  • Acaban sendo descubertas.
Analizamos tamén aqueles comportamentos sexistas que nos chamaron a atención na película de Mulan. Hai moitos exemplos ao longo de todo o filme, destacamos os seguintes:
  • Para que unha muller honre á súa familia, debe casar cun "bo home".
  • A casamenteira decide como debe ser unha "boa muller" tendo en conta se é unha rapaza submisa, se sabe servir o té ou se o seu corpo é apto para ter fillos.
  • O emisario do rei non se dirixe a Mulan porque é unha muller e considera que debe permanecer calada.
  • Unha muller nunca podería loitar na guerra porque non é forte.
  • O exército é un lugar para os homes, que son os valentes da sociedade.
  • A avoa está desilusionada porque en vez de regresar á casa cun home, regresa cunha espada.
  • O seu pai avergóñase dela cando contesta mal aos homes.
  • Os antepasados de Mulan consideran que como muller unicamente vai a traer desventuras á familia.











Comentarios

Publicacións populares deste blog

8M