Día do Libro

Nós xa sabiamos que a lectura é unha compañeira moi fiel. Pero estes días na casa aprendemos que a través dun libro podemos seguir viaxando, mesmo estando rodeados de parede.
Hoxe celébrase o día do libro, e para todos aqueles e aquelas que aínda dubidan do marabilloso que é mergullarse nunhas páxinas, traemos estas recomendacións:

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA
O alumnado de 5ºC enviou as súas recomendacións dende a casa, a calidade de audio ou imaxe non é todo o boa que desexaríamos. Pero está compensado coa ilusión da lectura!



RECURSOS PARA O FOMENTO DA LECTURA

Para esta tempada, moitas asociacións e autores recoñecidos, poñen a disposición dos seus lectores diferentes materiais de lectura. Aquí tendes algúns enlaces a libros gratuítos e outras aplicacións:

  • Rede de bibliotecas públicas de Galicia: "Galicia le".
  • Libro de María Solar, con ilustracións de Xosé Tomás: "Boa sorte".
  • Libro de Cristina Sáez Cazallas: "Moko".


E TI, QUE RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS NOS FAS?

Participa no noso muro! Escribe algunha frase significativa, algún texto sobre un capítulo dun libro interesante, un debuxo do teu personaxe favorito, un vídeo-recomendación... Agardámoste!

Hecho con Padlet

Comentarios

  1. Son Leo
    Qué bonito quedou! alégrome moito de ver os meus compañeiros/as ben
    Bótovos de menos! Voltaremos a xogar todos xuntos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

8M