Día das bibliotecas escolares


Hoxe, 24 de outubro, celebramos o día das bibliotecas escolares. A nosa biblioteca festexa este día lembrando a importancia da lectura como fonte de enriquecemento e pracer. Sabemos que é un ano distinto, polo que debemos ser responsables co uso que facemos deste espazo. 

Maxín, a nosa mascota, achega as novidades lectoras a todo o alumnado, trasladando a biblioteca á aula. Este luns chegarán unhas caixiñas cargadas de libros. Estade atentos e atentas, porque a nosa selección de lecturas ten moito que ver co proxecto que desenvolvemos.

Para que non esquezades algunha das normas básicas, o alumnado de sexto elaborou este vídeo:


VIAXEMOS COA LECTURA!

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

EDIXGAL

Circuítos eléctricos