Día de Rosalía

Dende o noso proxecto, queremos abrir as portas á poesía.
Alguén dixo que dende unha visión científica non existiría a poesía?
A poesía está en todas partes, depende de ti, do teu xeito de mirar o mundo. Acollemos o lema das bibliotecas escolares: Poéticas diversas. Onte celebrouse o nacemento de Rosalía de Castro. Que mellor xeito que comezar a nosa andaina poética facéndolle unha pequena homenaxe.


O noso tataraneto de Darwin, contounos algo verdadeiramente fermoso... Buscando información sobre os paxaros pinzóns, atopou un poema especial. Afirmou que soamente con pronunciar o nome da poeta enchería todo o silencio de poesía!
Este é o poema que nos inspirou:



O tataraneto de Darwin tamén nos fixo unha recomendación: “Non vos esquezades nunca de Rosalía. Correde a ler os seus libros, escoitade os seus poemas. Enchede un pouquiño este día coas súas verbas!
E así o fixemos! Buscamos paxariños piadores de Galicia, que cantasen para a nosa poeta! Escribimos unha canción para festexar o seu aniversario, escoitamos "Adiós ríos, adiós fontes" na voz de Amancio Prada...



Este é o noso agasallo, unha pequena composición ("Teño na man un paxaro"), que poderás escoitar ao descargar o código QR:
Pois tiña razón o noso amigo... 
Soamente con pronunciar o seu nome, xa o silencio se volve poesía:

sempre  

ROSALÍA!






Comentarios

Publicacións populares deste blog

8M