María Silencio
Ricardo Carvalho Calero escribiu un fermoso poema adicado a unha muller: María Silencio. Son uns versos incluídos no seu poemario Pretérito Imperfeito (1980). Pouco sabemos desa muller que senta no peirao, ollando as barcas; cos seus cabelos de choiva e ollos de néboa. Podemos pensar que agarda a alguén... Pero preferimos cambiar esa visión e crer en todas aquelas mulleres decididas que se aventuran na procura de soños.