Nos vindeiros días, imos reorganizar o xeito de traballo para este terceiro trimestre: mediante novas ferramentas que permitan ao alumnado, de xeito sinxelo, descargar e xestionar actividades. Esta semana, seguiremos con actividades de repaso e reforzo dos contidos traballados. A próxima semana comezaremos tamén a introducir (de acceso voluntario) materia nova. Seguiremos a programación dos libros de texto, co índice de temas establecido. Porén, trataremos os contidos máis fundamentais dos mesmos. Para iso, é preciso que facilitedes os vosos correos electrónicos, posto que será o medio de entrega e revisión de actividades. Mediante este mesmo blog, introducindo "comentarios" podedes enviar o voso correo electrónico. Se iso supón dificultades, lembramos que dispoñedes dos nosos correos persoais para facelo. O titor de 5ºB xestionará os enderezos da súa aula e a titora de 5ºC os correspondentes á súa. Alumnado de 5ºC : para xestionar os comentarios do blog e as