Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2019

Descubrindo unha aventureira!

Imaxe
Estade moi atentos e atentas ao seguinte vídeo, nel nárrase a biografía da protagonista da nosa investigación. Quen adiviñará o seu nome? Aquí tendes as pistas extraídas do vídeo: Bulide a investigar!

Bibliotecas para todos os públicos!

Imaxe
O 24 de outubro celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, conmemoración impulsada pola  Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil . Entre os diferentes lemas  que xuden en torno a esta celebración, destacamos dous que promoven a igualdade de xénero: “Bibliotecas aptas para todos os públicos”, do  Ministerio de Cultura e Deporte . “Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía”, das  Bibliotecas Escolares de Galicia . Cartel deseñado por  Miguel Calatayud Nós, estivemos lendo o pregón deste ano, que correu a cargo de Gemma Pasqual . Un fermoso texto que nos fixo reflexionar sobre o papel da muller nos libros de lectura: "Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul.  Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a sa

Creación literaria

Imaxe
O venres pasado, os rapaces e rapazas da aula elaboraron unha historia a partir dunha imaxe. Antes de comezar, debían completar a seguinte táboa de datos: A maioría do alumnado, considerou que o protagonista da historia era un home, fronte a un 40% que escolleu a unha muller como personaxe principal: Sabedes quen é realmente a persoa que representa o debuxo? É unha botánica. A primeira muller en dar a volta ao mundo!  da que teñamos constancia. Estade moi atentos e atentas! porque a vindeira semana descubriremos o seu nome.  Seguro que alguén xa o sabe...  Sobre ela xirará o noso proxecto. Tendes ganas de comezar a investigación? Imaxe extraída do libro  Intrépidas

Día das escritoras

Imaxe
Hoxe, 14 de outubro, conmemórase o  día das escritoras . Nós quixemos celebralo lendo pequenos fragmentos de libros escritos por diferentes autoras. Sabiades que anos atrás, moitas mullleres tiveron que escribir as súas obras empregando un pseudónimo masculino?  Aínda neste mesmo século, Joanne Rowling  decidiu escribir un famoso libro sen citar o seu nome, posto que como ela mesma citou “non era fácil publicar unha obra sendo muller”. Non sabedes de quen estamos falando? Da autora de Harry Potter!

A biblioteca escolar

Imaxe
Dende Mundego, temos moi presente a biblioteca escolar: sérvenos como fonte de coñecemento e lecer, pero tamén como espazo creativo e lugar para o diálogo. Por este motivo, o noso proxecto estará ligado a ela.  Este ano, o lema das bibliotecas escolares  é “viveiro de cidadanía” e nós queremos fomentar o crecemento de individuos críticos, pensadores e responsables. O vindeiro 24 de outubro abriremos de novo as portas da nosa biblioteca!

Que é a igualdade?

Imaxe
Estas semanas estivemos falando na aula das diferencias que atopamos nos xogos do recreo e realizamos unha pequena enquisa de xeito individual: Este pequeno vídeo, ilustra as nosas deducións: Agora pensa... QUE É PARA TI A IGUALDADE?

Participación no TEI

Imaxe
O alumnado de 5º comeza este ano o programa de titoría entre iguais (TEI), un bo xeito de fomentar a convivencia entre os nenos e nenas do centro. O programa, ten como obxectivo fundamental a integración e o desenvolvemento de ferramentas para a xestión de conflitos.  Iremos contándovos as distintas actividades realizadas.  Aquí tendes os carnés, todos e todas nos comprometemos co programa!

Comezamos!

Imaxe
Mundego dá a benvida aos rapaces e rapazas de 5º, que van formar parte deste proxecto coa súa andaina. Mundego é moito máis que un espazo onde expoñer as nosas experiencias, é unha ferramenta de comunicación e de traballo.  O curso pasado, os nenos e nenas de 6º embarcáronse na viaxe do Beagle... a través de Charles Darwin aprenderon diferentes especies animais, a teoría da evolución, o método científico e mesmo poesía! Sobre que investigaremos este ano?