A biblioteca escolar

Dende Mundego, temos moi presente a biblioteca escolar: sérvenos como fonte de coñecemento e lecer, pero tamén como espazo creativo e lugar para o diálogo. Por este motivo, o noso proxecto estará ligado a ela. 
Este ano, o lema das bibliotecas escolares é “viveiro de cidadanía” e nós queremos fomentar o crecemento de individuos críticos, pensadores e responsables.


O vindeiro 24 de outubro abriremos de novo as portas da nosa biblioteca!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

EDIXGAL

Circuítos eléctricos