A extinción de especies
Os nenos e nenas de sexto, somos totalmente conscientes da importancia do coidado e respeto do medio natural. A investigación que fixemos sobre as especies en perigo de extinción foi un punto de inflexión para decatarnos da urxencia sobre a protección dos hábitats. Tivemos unha mensaxe moi especial: o tataraneto de Charles Darwin achegounos un vídeo para alertarnos da desaparición de animais e plantas, a través dun texto moi fermoso. ”Isto é unha mensaxe para o futuro. Hoxe é dezassete de novembro de 2018. Eu son o tataraneto de Charles Darwin e estou moi preocupado. O meu antepasado investigou sobre diferentes especies animais fai moitos anos, e xa se decantara de que moitas delas estaban extintas. Unha mágoa. É certo que moitas especies evolucionan, pero estoume dando conta de que a maioría desaparecen. Por que? Moi sinxelo: polo ser humano. Que destraga o seu hábitat, contamina o ecosistema, introduce especies invasoras, caza sen límites... Somos un verdadeiro par