Programa Naturézate

O alumnado de 6º participou ao longo deste curso no programa Naturézate, a través do cal, realizamos unha serie de actividades enmarcadas no descubrimento da contorna próxima.

1. Contextualización:

Os bosques de Sada, xunto coa súa zona costeira, serven de fío condutor na concienciación da importancia sobre a concienciación da natureza.

Este pequeno proxecto tivo como obxectivo fundamental mellorar o coñecemento sobre o medio natural galego, mediante unha sensibilización ambiental. Promoveuse unha actitude crítica en relación ao desenvolemento sostible.

Posto que o centro educativo xa dispón de espazos naturais significativos, empregáronse como guía na introdución de conceptos básicos e identificación de elementos naturais da contorna máis próxima.

2. Obxectivos:

  • Descubrir a contorna de Sada.
  • Identificar especies vexetais autóctonas.
  • Recoñecer especies invasoras.
  • Sensibilizar ao alumnado sobre a importancia do coidado e respecto do medio natural.
  • Desenvolver hábitos de traballo en equipo a través de hortos escolares.
  • Fomentar a competencia lingüística.
  • Adquirir habilidades emocionais na prevención e resolución de problemas ambientais.
  • Coñecer a valorar a contorna natural.
3. Actividades:

  • Identificación de árbores no centro educativo.
En pequeno grupo, empregando material da biblioteca escolar, realizamos unha selección de árbores dos xardíns do colexio.
  • Taller de haikus.
A través dunha proposta dende a biblioteca escolar, participamos nun taller de composicións poéticas.


  • Investigación sobre especies invasoras.
Traballo sobre distintas especies invasoras que habitan os montes galegos.





  • Roteiro pola contorna.
Saída pola contorna próxima para pór en práctica os coñecementos adquiridos: identificación de especies autóctonas e invasoras. O alumnado levou un caderno de campo que foi completando no roteiro. Posta en común na aula.



  • Pequeno taller sobre micoloxía.
Estudo das partes dun cogomelo e análise de diferentes setas dos xardíns.


  • Os estadios do crecemento dunha planta.
Plantación na aula de tulipáns.





  • Creación de hortos escolares.
En colaboración coa asociación da Reserva da Biosfera, plantamos un horto escolar.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Gatipedro e as novas especies