8M

Ás veces, é necesario marcar un día para connemorar datas especiais, coma se dun aniversario se tratase. Facer visible o papel da muller ao longo da historia.

Durante esta semana, visitáronnos mulleres inspiradoras! Contándonos o seu día a día ou a que se adicaron cando eran máis novas:
  • Ana, a avoa de Clara, explicounos que foi mestra neste mesmo cole! 
  • Carolina, a tía de Vera, falounos sobre a toma de decisións.
  • Charo, a avoa de Sabela, fíxonos conscientes da importancia do coidado aos demáis.
  • Alicia, a avoa de Ismael, descubriunos a maxia das matemáticas.
  • Aurora, a tía avoa de Emma, agasallounos cunha charla sobre o papel da muller na historia. Ela é a historiadora que fixo posible o documental "As silenciadas" (preme no seguinte enlace: docu). Cal foi a nosa sorpresa ao descubrir que a bisavoa da nosa conserxe María tamén formou parte del! (Grazas por traernos ese anaquiño da túa historia á nosa aula).



Tamén quixemos representar o significado deste 8M, tomando prestada a voz de Guadi Galego coa súa canción "Matriarcas".



Feliz día!

Comentarios

Publicacións populares deste blog