EDIXGAL

A través desta entrada, expoñeremos unhas breves indicacións sobre como traballar dende a casa mediante o novo sistema. É importante que teñades en conta que o currículo segue a ser o mesmo e os criterios mínimos establecidos para o nivel estarán consensuados polos titores seguindo o decreto de educación primaria. 

No seguinte vídeo, explícanse as nocións básicas de E-Dixgal, xunto cos teléfonos de contacto en caso de erros da plataforma:


En canto ao traballo diario da aula, imos visualizar algúns pasos para seguir o traballo dos/as vosos/as fillos/as. Achegándovos unhas nocións básicas para que poidades comprender a metodoloxía do aplicativo.

O primeiro é acceder ao entorno virtual de aprendizaxe: eva edixgal

A cada alumno/a entregóuselle unha clave: usuario e contrasinal. Unha vez que accedemos, aparecerán as materias nas que nos atopamos matriculadxs:


Premendo enriba de cada unha, accedemos ao contido. Como exemplo, accederemos á materia de lingua galega:

Para as actividades interactivas, temos tres intentos (isto posibilita un reforzo do contido). Tamén dispoñemos da opción de descargar o tema para acceder ao formato impreso:

Na sección "Cousas da clase", o alumnado pode consultar as actividades que se están realizando durante a xornada:

Importante:

  • No traballo dos contidos é importante que o alumnado pregunte as dúbidas e estude diariamente os aspectos máis teóricos. Así como reforzar as operacións básicas de cálculo matemático.
  • Revisade a entrega de actividades telemáticas (se non se preme no botón de envío, non consta como realizada). A escala de cores indicaralle ao docente o número de intentos, os erros, as entregas...
  • A aplicación, ás veces, da erros de tipo ortográfico ou de formato.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

8M