EDIXGAL
A través desta entrada, expoñeremos unhas breves indicacións sobre como traballar dende a casa mediante o novo sistema. É importante que teñades en conta que o currículo segue a ser o mesmo e os criterios mínimos establecidos para o nivel estarán consensuados polos titores seguindo o decreto de educación primaria. No seguinte vídeo, explícanse as nocións básicas de E-Dixgal, xunto cos teléfonos de contacto en caso de erros da plataforma: En canto ao traballo diario da aula, imos visualizar algúns pasos para seguir o traballo dos/as vosos/as fillos/as. Achegándovos unhas nocións básicas para que poidades comprender a metodoloxía do aplicativo. O primeiro é acceder ao entorno virtual de aprendizaxe: eva edixgal . A cada alumno/a entregóuselle unha clave: usuario e contrasinal. Unha vez que accedemos, aparecerán as materias nas que nos atopamos matriculadxs: Premendo enriba de cada unha, accedemos ao contido. Como exemplo, accederemos á materia de lingua galega: Para as actividades inte