Mes da ciencia en galego

Este mes de novembro, as bibliotecas escolares, celebran o MES DA CIENCIA EN GALEGO

Nós tamén quixemos mergullarnos no método científico e comezamos a pescudar sobre distintos experimentos. En grupos, buscamos pequenas experiencias que poidésemos realizar na aula. Nós mesmos distribuímos o traballo da exposición e organizamos os materiais.

É a nosa primeira exposición de xeito autónomo. Queres participar?

  • Cubre a seguinte táboa e visualiza o vídeo!

Tamén, aproveitando que estamos traballando os seres vivos, buscamos información sobre especies en perigo de extinción e elaboramos unha breve táboa con datos relativos á súa alimentación, hábitat, nome científico... É importante ser conscientes de coidar o noso medio natural e entender o que é unha especie ameazada.



Para rematar este mes de ciencia, inventamos novas criaturas creando a nosa colección de cromos científicos, empregando termos específicos da área. Seguro que estas novas especies non as atopas nas fragas galegas... nin tampoco nun quiosco!





Lembrade que na nosa biblioteca temos unha exposición de libros de carácter científico!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

8M