Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2021

Mes da ciencia en galego

Imaxe
Este mes de novembro, as bibliotecas escolares , celebran o MES DA CIENCIA EN GALEGO .  Nós tamén quixemos mergullarnos no método científico e comezamos a pescudar sobre distintos experimentos . En grupos, buscamos pequenas experiencias que poidésemos realizar na aula. Nós mesmos distribuímos o traballo da exposición e organizamos os materiais. É a nosa primeira exposición de xeito autónomo. Queres participar? Cubre a seguinte táboa e visualiza o vídeo! Tamén, aproveitando que estamos traballando os seres vivos, buscamos información sobre especies en perigo de extinción e elaboramos unha breve táboa con datos relativos á súa alimentación, hábitat, nome científico... É importante ser conscientes de coidar o noso medio natural e entender o que é unha especie ameazada . Para rematar este mes de ciencia, inventamos novas criaturas creando a nosa colección de cromos científicos , empregando termos específicos da área. Seguro que estas novas especies non as atopas nas fragas galegas... nin