Ás veces, é necesario marcar un día para connemorar datas especiais, coma se dun aniversario se tratase. Facer visible o papel da muller ao longo da historia. Durante esta semana, visitáronnos mulleres inspiradoras! Contándonos o seu día a día ou a que se adicaron cando eran máis novas: Ana, a avoa de Clara, explicounos que foi mestra neste mesmo cole! Carolina, a tía de Vera, falounos sobre a toma de decisións. Charo, a avoa de Sabela, fíxonos conscientes da importancia do coidado aos demáis. Alicia, a avoa de Ismael, descubriunos a maxia das matemáticas. Aurora, a tía avoa de Emma, agasallounos cunha charla sobre o papel da muller na historia. Ela é a historiadora que fixo posible o documental "As silenciadas" (preme no seguinte enlace: docu ). Cal foi a nosa sorpresa ao descubrir que a bisavoa da nosa conserxe María tamén formou parte del! (Grazas por traernos ese anaquiño da túa historia á nosa aula). Tamén quixemos representar o significado deste 8M, tomando prestada a
Feito,
ResponderEliminarQuedou moi chulo