A Odisea a través dos cadros
Esta semana estamos descubrindo diferentes estilos pictóricos para traballar na área de plástica.
Escollemos o cubismo para representar unha figura clave nas desventuras de Ulises: o cíclope Polifemo.
Un destes fantásticos debuxos, sérvenos de gallo para traballar contidos matemáticos: o perímetro e a área. Calculamos?
A Odisea tamén é fonte de inspiración para moitos artistas ao longo da historia. Aquí temos un anaco de obras que contan, a través de fermosos cadros, a aventura de Ulises.
Comentarios
Publicar un comentario