Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2021

A Odisea a través dos cadros

Imaxe
Esta semana estamos descubrindo diferentes estilos pictóricos para traballar na área de plástica. Escollemos o cubismo para representar unha figura clave nas desventuras de Ulises: o cíclope Polifemo. Un destes fantásticos debuxos, sérvenos de gallo para traballar contidos matemáticos: o perímetro e a área. Calculamos? A Odisea tamén é fonte de inspiración para moitos artistas ao longo da historia. Aquí temos un anaco de obras que contan, a través de fermosos cadros, a aventura de Ulises.

Capítulo 3. A terra dos cíclopes

 

Día da poesía

O 21 de marzo celébrase o día da poesía . Calíope, musa da poesía, volve a convidarnos a compartir verbas poéticas.  O alumnado de sexto, procurou información sobre diferentes poetas, achegándonos anacos de Luis García Montero, Elvira Sastre, Mario Benedetti, Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Walt Whitman, José Saramago, Dores Tembrás...  ACCESO AO VÍDEO " ABRINDO VENTÁS Á POESÍA " Pero non esquezades que podemos atopar poesía en todos os lados: nun sorriso, nun amencer ou na propia saudade do noso Ulises.

Capítulo 2. O país dos lotófagos

 

8M

Imaxe
No  Día Internacional da Muller  lembramos a importancia de concienciar sobre a igualdade. Seguindo co papel da muller na ciencia, hoxe tivemos a sorte de dialogar cunha bióloga a través dunha videoconferencia. Moitas grazas Carme, por sementar en nós a idea de que a ciencia está ao alcande de todas e todos!  Amosamos aquí as nosas exposicións sobre científicas!