Día de Rosalía de Castro

Como sabedes, estamos mergulladxs nun proxecto sobre a Odisea. Ulises, tivo que deixar atrás a súa terra Ítaca por mor da guerra de Troia. Tardaría logo moitos anos en regresar ao seu fogar... 

A través da poesía de Rosalía de Castro, podemos tentar comprender a saudade do aventureiro Ulises. Pero fundamentalmente, sérvenos de gallo para afondar nesta gran poeta: no seu xeito de crear poesía, na súa loita por defender o idioma e a vida de tantos galegos e galegas, o seu sentimento de amor cara a terra e ese abrazo xeneroso cara a literatura. 

Para homenaxear o nacemento de Rosalía de Castro, nun día coma hoxe, o alumnado de sexto interpretou un dos poemas máis recoñecidos desta gran muller. Amancio Prada pon voz e sentimento ás súas verbas.

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega convídanos a celebrar este día baixo o lema "teus doces cantares". 

SEMPRE ROSALÍA


Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

8M